Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis sobre a Manifa en Santiago

Unha sociedade viva,
Unha lingua ameazada,


Unha manifestación incrible!

O pasado domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela os galegos vivimos uns dos acontecementos máis importantes da nosa sociedade galega. Milleiros de galegos reuníronse para protestar pola inconformidades da posición na que se atopa a nosa lingua, un enfrontamento polo rechazo da política lingüística da Xunta de Galiza.

A manifestación foi convocada pola asociación nacionalista Queremos Galego a cal, tras un reconto aproximado que fixo a Policía da asistencia de persoas nun total de 50.000 persoas, verificou que foron case 100.000 galegos os que a maña do domingo acudiron na defensa da nosa lingua.

Carlos Callón, que foi o que falou no acto final en nome de todas as asociacións e institucións que constitúen a plataforma de Queremos galego (500 entidades de diferente tipo) exclamou vivamente que na gran manifestación “defendemos o dereito básico a podermos vivir en galego e a aplicación dos consensos sobre promoción do noso idioma propio aos que chegamos entre todas e todos, que agora o PP está a romper unilateralmente”

Así o describía el, e seguramente a maioría dos alí presentes tamén, xa que foi un acontecemento que de seguro marcará a nosa identidade por unha necesidade de querer que a nosa lingua sexa galardonada como se merece, sen tabús nin regras que impidan que nos expresemos como de verdade queremos e sobre todo, e o máis importante, cando e onde nos apeteza.

A gran manifestación tivo, como era de esperar, unha gran repercusión na política deixando así unha indubidable brecha entre o goberno e a oposición.
O secretario xeral dos populares manifestou que dita convocatoria estivo organizada polo BNG e apoiada polo PSOE e que as pasadas eleccións os galegos non aprobamos a estratexia lingüística impulsada por ditos gobernos.

O PSOE, na súa defensa , manifesta que o noso goberno non esta a escoitar a aclamada chamada dunha terra que se esta a manifestar. O líder do PSdeG, Manuel Vazquez, afirmou que “ unha boa parte da cidadanía non vai tolerar que se xogue co idioma galego”. Ademais o líder nacionalista Guillermo Vazquez asegurou que está reacción social foi unha verdadeira necesidade para rectificar a actual política contra o galego que está levando a cabo a Xunta. Acusou o presidente galego “de romper un consenso histórico e de promover unha estratexia que contraven os principios que marca o Estatuto de Galicia”.


Desde logo que lle damos a razón pois a nosa linga non é un xogo. Estamos cansos de sufrir discriminacións e subordinacións. Acabouse, Galiza está loitando por saír adiante, por ser recoñecida e os seus principias defensores somos nós, os galegos. Aínda que non todos, eu a primeira, asistimos a manifestación, sabemos que todos aqueles galegos que o domingo loitaron pola nosa liberdade lingüística representaron a Galiza actual que xa está cansa da súa situación. A política non pode nen debe xogar coa nosa identidade, porque todos deberiamos entender que quen está en contra do galego atenta contra o noso ser.

Esta manifestación trouxo consigo un debate político de gran intensidade que era necesario para dar un cambio cara adiante e non cara atrás. Non queremos repetir a inconcebible oscuridade que durante moitos anos sufriu a nosa lingua, polo que desde logo que o noso presidente terá que escoitar a incesante protesta do noso país, agora vai cambiar, desde logo que vai cambiar porque o galego acaba de falar por sí só a traves dos milleiros de galegos , e a presión exercida por unha enorme masa de protestantes non pasa desapercibida ante ninguén. Como ben dixo Carlos Callón : “Agardaban un pobo abúlico e encóntranse cunha resposta social enorme, un movemento de conscienciación cidadá que fará reverdecer a nosa lingua”.

Somos galegos, loitemos polo que é noso, porque se non o coidamos nós, que o vai facer? A nosa identidade está en xogo, pero non a nosa liberdade, loitemos por ela!

Unha sociedade viva
unha lingua ameazada



A PROTESTA DE GALIZA!!

María 2º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2009 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal