Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Opinións a respecto da lingua de noso
A loita pola lingua



Parece que a historia non lle concede a nosa lingua un lugar privilexiado ó longo de toda a súa existencia, podendo considerar o período actual, un dos momentos máis críticos ó longo do seu existir.
Foron moitas as adversidades que a fala rosaliana tivo que superar para poder seguir vivindo, pero a peor delas é, sen dúbida, o rexeitamento que os propios galegos amosan cara ela, sen decatarse que rexeitando a súa lingua están a rexeitar unha parte deles mesmos. Todo isto está vencellado coa hipocresía existente na gran maioría dos cidadáns que parecen non decatarse da importancia que ten unha lingua, neste caso, o galego na sociedade tanto na súa cultura, na súa historia, no propio individuo. É un legado que posuímos, que nos identifica como pobo e como persoas e a súa perda produciría un dano irreparable na nosa vida.
Por outra parte parece que a defensa do galego tivese que estar ligada cun grupo político, sen decatarnos de que esta debería ser a prioridade de cada un dos cidadáns, xa que cando unha persoa realmente estima algo loito por esa causa, e neste momento cando xorden as preguntas que cada un debería facerse:
De que temos medo?, Por que non facemos o posible para que a situación que nos abrangue mellore?
Moitos teñen clara a resposta a estas preguntas, pero non todos os galegos parecían compartila. Porén, manifestacións como a de Queremos galego, que congregou en Santiago a un elevado número de persoas o pasado domingo mostra como a unión dunha lingua produce un lazo moi forte entre as persoas, e as diferentes manifestacións que se están a producir xunto coas entidades que se crean a prol da defensa da lingua están a reflectir a situación na que o galego se atopa e a necesidade de facer que a nosa lingua poida ter un desenvolvemento normal.

Alba 2º A




Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2009 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal