 Con 17 anos, Raquel Fraga-Encinas marchou estudar aos Estados Unidos. Abandonou o seu Ourense natal e nunca exerceu profesionalmente en Galicia. Estivo períodos curtos de tempo en Andalucía e Cantabria pero acabou marchando a Holanda. Reside alí dende 2013 e traballa na Universidade de Radboud, onde desenvolve o seu doutoramento en astrofísica. Fraga-Encinas está detrás dun dos fitos científicos máis emocionantes dos últimos anos: integrou o equipo capaz de sacar a primeira fotografía dun buraco negro en 2019. Agora, volve repetir a fazaña. Tamén forma parte das filas de científicos que conseguiron retratar Saxitario A*, o buraco negro situado no centro da nosa galaxia, a Vía Láctea. Isto marca un antes e un despois na historia da astrofísica ao conseguir corroborar as teorías de Einstein. O que tan só eran predicións convertéronse en realidade.
Silvia Martínez Pedrouzo
1º Bach - A |