Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Real Academia Galega celebrará na Aira dos Bolos de Córgomo o pleno do Día das Letras Galegas
O vindeiro martes 17 de maio, a Real Academia Galega (RAG) celebrará a súa sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas en Córgomo a vila natal de Florencio Delgado Gurriarán. O acto desenvolverase na Aira dos Bolos, un lugar cargado de simbolismo na vida e na obra do autor homenaxeado, e consistirá en tres alocucións sobre o poeta a cargo da académica Rosario Álvarez Blanco e dos académicos Ramón Villares e Xesús Alonso Montero. Pechará o pleno o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.
A celebración será unha festa aberta a toda a veciñanza nun espazo onde se adoitaba xogar aos birlos, unha tradición que Delgado Gurriarán inmortalizou nas páxinas de Galicia infinda nos versos «Os bolos ralban louxados, s bola ralba penedos... É que xogan, mau a mau, o Severino i o Ferros», pertencentes ao poema titulado Córgomo de Valdeorras, que dedicou, xa dende o exilio en México, aos seus veciños.
O historiador Ramón Villares trazará un percorrido pola biografía de Florencio Delgado Gurriarán, cuxa figura encarna o activismo cultural desenvolvido polos galeguistas que fuxiron a México, tendendo sempre pontes co exilio interior. Na súa persoa, a RAG réndelle así homenaxe por primeira vez na gran festa das Letras Galegas á diáspora mexicana, da que formaron parte tamén o cineasta Carlos Velo, o editor Alexandre Finisterre, o profesor Luís Soto, o arquitecto Xosé Caridad Mateo, o escultor Uxío Souto, Ramiro Isla Couto, Elixio Rodríguez, Xermán Rañó, Carlos Tomé ou o pintor Arturo Souto. Todos foron nomeados polo propio Florencio Delgado Gurriarán no discurso que pronunciou ao ser recibido como académico correspondente da RAG, nun acto celebrado no Barco de Valdeorras en 1981.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-05-2022 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0