Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xornalistas e escritores saharauís de toda Europa cítanse nas Neves
A V Asemblea da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauís en Europa decorre estes días no municipio das Neves.

Máis dunha vintena de escritores e xornalistas saharauís, procedentes de distintos países europeos, reúnense esta semana, e desde este sábado, no concello das Neves, sede da V Asemblea da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauís en Europa.

"Trátase —explican desde o consistorio— dunha xuntanza na que avalían as iniciativas, accións e traballos realizados ata agora para trasladar a realidade das circunstancias nas que sobrevive a poboación saharahuí, e na que buscan o modo de sensibilizar a opinión pública europea sobre a resistencia da derradeira colonia en África".

Esta iniciativa terá continuidade nos vindeiros meses en América Latina e Asia, segundo comentou o presidente da Unión de Xornalistas Saharauís, Nafii Ahmed Mohamed.

A xornada deste sábado foi inaugurada polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, que agradeceu a elección do municipio para o encontro e convidou a "romper o cerco mediático imposto en moitos casos á realidade que viven os saharauís".

Aliás, desexoulles "acerto" no seu cometido de "atopar como afrontar esta situación" e "lograr que se abra paso unha comunicación sen límites" que lles permita contar a súa "realidade" e a súa "verdade". A xornalista e activista polos dereitos humanos Fatma Galia Ali recoñeceu que "é un momento dificil" para o pobo saharauí.

Sempre vimos a neutralidade do Estado e do Goberno español, que defendía a postura da ONU e a legalidade internacional; cambiou para defender a 'vía marroquí' da autonomía, é normal que o noso pobo estea enfadado e decepcionado e que queramos que se restabeleza esa legalidade e que, logo de 46 anos, poidamos decidir o noso futuro", defendeu.

Estos dous días, participarán nesta asamblea o delegado do Sáhara na Galiza, Mohamed Mehdi Zerga; Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí ou, Sidi Brahum, presidente da diáspora saharauí en España, logo da intervención, por videoconferencia, do representante da Fronte Polisario para Europa, Ubbi Ubi Buchraya, e o ministro do Sáhara para España, Abdulah Arabi.



Lucía Nogueiras Vergara 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2022 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0