Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A inflación cómese 65 euros do salario mensual
Juan rexenta un salón de beleza en Vigo. Tiña en nómina a 5 empregadas, e en febreiro tivo que prescindir dunha delas para pagar a factura da luz. «Entre secadores, raios UVA e aparellos de estética a factura disparóuseme aos 1.350 euros. É triste dicilo, pero o soldo que pagaba á esteticista se ha ir directo para a compaña eléctrica e aínda non me chega», afirma o perruqueiro, que ademais recoñece que se viu obrigado a subir prezos aos clientes. «Todos os produtos de beleza e cosmética subiron, se quero manter o negocio e o emprego que queda teño que repercutilo», explica a un mozo ao que o corte de pelo que en xaneiro lle custou 12 euros agora suponlle 14

Os dous euros de máis que este cliente tivo que abonar forman parte desa inflación de efecto dominou, que desde que empezou a vir arriba no 2021, enganchada ao prezo da luz, segue crecendo agora desbocada polo impacto da guerra de Ucraína e as súas repercusións no custo de materias primas básicas para a nosa economía.
Antes de que estalase a guerra en Ucraína, agardábase que a inflación rematase o 2022 ao redor dun 4,6 % de media, que non é pouco. Pero co conflito, as perspectivas son peores.
Agora, no mellor dos casos o ano acabará cunha subida media de prezos do 5,9 %, mentres que se as tensións continúan, a inflación podería alcanzar o 6,8 %, segundo as estimacións de Funcas.800 euros máis ao ano
Isto supón unha diferenza de máis de dous puntos respecto ao cálculo feito antes da guerra, o que significa que as familias perderán este ano máis de 15.200 millóns de euros de poder adquisitivo, calcula este organismo.
Esta cantidade dá unha media de 800 euros perdidos por familiar ao dividila entre os 17,8 millóns de fogares que hai en España segundo o INE. Aínda que en termos reais, o impacto varía en función da renda e a cesta de consumo. Ou o que é o mesmo: cada mes do 2022, os españois perderán algo máis de 65 euros de poder adquisitivo, senón máis, porque se trata de estimacións baseadas en datos medios. Porque o golpe ao peto non doe igual. A actual escalada da inflación cébase especialmente coas rendas máis baixas, e isto débese a que os produtos que máis soben de prezo teñen un peso maior na cesta da compra destes fogares.
Os produtos enerxéticos son os que dispararon o gasto das familias: a luz subiu un 80,5 % en febreiro respecto dun ano antes e os combustibles un 52,3 %. Son bens de primeira necesidade dos que os fogares non poden prescindir. Co IPC disparado en febreiro un 7,6 % de media en España e un 8 % en Galicia, o conflito de Ucraína sen un final á vista; e o conflito do transporte agravando a crise de desabastecemento de materias primas, todo apunta a que marzo, que entra na súa última semana, acabará batendo as peores marcas. ¿Pero cal é a tendencia para os próximos meses? ¿Onde está o final desta escalada de prezos? Incerteza é a palabra na que coinciden os analistas consultados.
Santiago Lago, catedrático de Economía e director do Foro Económico de Galicia considera que a única forma de facer unha previsión é a partir de supostos e panoramas diferentes. «Cando estalou a guerra estabamos a traballar nuns supostos para o 2022 que xa non son válidos. Agora ninguén sabe o que vai pasar, canto vai durar o conflito e o que podemos facer é falar de escenarios», afirma Lago.



Noa Lagos González 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2022 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0