Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os transportistas da provincia cesan o paro.
Os transportistas de Ourense, ou polo menos a gran maioría deles, volverán á súa actividade despois de que os socios da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia ( Apetamcor) decidise onte en asemblea deixar de secundar o paro tras case dúas semanas, nas que as empresas da provincia sufriron as consecuencias en forma de falta de materias primas e mesmo paróns temporais da súa actividade. Apetamcor deixa de subscribir o paro como asociación, aínda que outorga a liberdade aos seus socios de continualo ou non, xa que a votación de onte lanzou igualdade entre os partidarios de continuar parados e os que querían volver á estrada. O presidente da agrupación, Javier Adolfo González, afirmou que non haberá máis piquetes e que se respectará a decisión de cada traballador.

González destacou que “ou luns eses que votaron paro vanse desinflar todos porque vai traballar todo ou mundo” e asegurou que a folga tivo máis seguimento na comunidade galega que no resto do país. “ Eu non era partidario do paro porque só era aquí en Galicia, as outras organizacións en España non apoian ou paro, somos minoritarios”, asegurou o transportista, que accedeu ao cargo esta semana tras a renuncia do seu predecesor, José Manuel Rodríguez, por motivos persoais.

Tamén cualificou de “insuficientes” as medidas anunciadas esta semana polo Ministerio de Transporte, que bonificará aos transportistas con 20 céntimos de euro por litro ou quilo de combustible e dará unha axuda directa ao sector de 450 millóns. “ Nós necesitabamos máis”, agregou, e destacou que tampouco espera grandes cambios nas medidas que o Executivo anunciou para o vindeiro martes.



Beatriz Pacetti Arias 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2022 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0