.jpg) A cidadanía non se rende. Este sábado ocupou a facha principal da Deputación de Ourense para impedir que continúe a desfeita paisaxística e patrimonial que o organismo público, di, iniciou esta semana na contorna do Ben de Interese Cultural.
"Se perdemos as árbores, perdémolo todo". É unha das mensaxes que encabezou este mediodía a concentración convocada diante da Deputación de Ourense para exixirlle ao organismo que preside Xosé Manuel Baltar a fin dos traballos de corta e destrución que ameazan a contorna do mosteiro máis antigo da Galiza.
Entidades culturais, ecoloxistas e veciñais mobilizáronse xunto á Fundación Moreiras-San Pedro de Rocas. Exhibiron pancartas, motoserras e restos de vexetación que buscaba ilustrar os estragos que a Deputación de Ourense está a causar nas inmediacións do mosteiro de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos.
Un BIC en risco
O proxecto da Deputación de Ourense para ampliar a estrada OU-0509 e que poidan acceder ao cenobio autocares turísticos de gran tamaño ameaza un enclave que o ano pasado foi recoñecido co premio da Cultura Galega, lembrou a Fundación, que acusa Baltar de pretender destruír "un lugar inviolábel, único na Galiza e na Península Ibérica".
Os plans desta Administración pública implica a talla de máis dun certo de árbores, moitas centenarias, ademais da eliminación de elementos históricos do mosteiro, un camiño medieval e restos arqueolóxicos.
O mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural, está en grave risco desde que os operarios enviados pola Deputación de Ourense comezaron a corta de árbores esta pasada quinta feira.
Candela Pedrido Oddós 1º B Bacharelato |