Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Ameaza ao mosteiro de San Pedro de Rocas”
É o mosteiro máis antigo da Galiza. Peza fundamental na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, constitúe unha paraxe de importancia arqueolóxica, etnográfica, histórica, paisaxística, xeolóxica e natural como moi poucos lugares da Galiza. "As últimas investigacións na igrexa e nos seus arredores trouxeron importantes achádegos que abranguen desde a prehistoria até a Alta Idade Media e concluíron que o mosteiro vai máis alá da igrexa escavada na rocha: alcanza as corenta hectáreas que están delimitadas polos seus muros" explica Jorge López Quiroga, historiador e arqueólogo que traballa desde hai anos na zona. Todo iso está agora mesmo en perigo polo proxecto da Deputación de Ourense de ampliar a estrada OU-0509 para que poidan acceder ao cenobio autocares turísticos de gran tamaño.
San Pedro de Rocas foi declarado Monumento Histórico Nacional en 1923; en 1999, a Xunta outorgoulle a categoría de Ben de Interese Cultural (BIC); e en 2018 o BIC estendeuse a unha superficie de cen hectáreas arredor da igrexa rupestre. Mais iso non frea a Deputación na súa decisión de seguir adiante cunha intervención que "suporía a talla de máis de cen árbores -moitas delas centenarias-, a desaparición de muros históricos pertencentes ao mosteiro, un camiño medieval, o enterramento de substratos arqueolóxicos ocupados desde o Neolítico que poden conter todo tipo de materiais reveladores sobre o pasado... E todo isto no corazón mesmo dun BIC", detalla López Quiroga.

"O proxecto, integralmente, é ilegal", declara Natalia Figueiras, historiadora, conservadora e restauradora da Universidade Complutense que forma parte do Comité Científico da Fundación Moreiras, creada hai dous anos para protexer os valores patrimoniais do mosteiro. "A Deputación leva intentando ampliar esa estrada desde hai anos. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta rexeitou en dúas ocasión este mesmo proxecto, en 2011 e 2018, indicando que as figuras de protección de que goza esta paraxe só permiten asfaltar a estrada xa existente. Patrimonio deixaba claro que non se pode tocar nada, que a intervención ten que cinguirse exclusivamente á mellora do firme".



Sara Prado Barrera 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-03-2022 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0