 O 7 de xaneiro David Bennett, de 57 anos, foi operado para implantarlle un corazón dun porco modificado xenéticamente, demostrando por primeira vez que un corazón animal podía sobrevivir nun humano sen un rexeitamento inmediato. O 8 de marzo, o paciente, que fora considerado non apto para un transplante en humanos, faleceu.
O procedemento cirúrxico xerara esperanzas de que os avances na implantación de órganos entre especies poderían algún día resolver a escaseza crónica de órganos humanos dispoñíbeis e, polo momento, non hai identificada unha causa obvia para este falecemento. Voceiros do Centro Médico da Universidade de Maryland afirman que os médicos continúan realizando unha revisión que será publicada nunha revista científica.
Silvia Martínez Pedrouzo - 1º Bach-A
|