 Rubén Quintas, alcalde de Maceda, dous bombeiros e voluntarios de Protección Civil comezarán este martes a súa viaxe á fronteira con Ucraína
Unha pequena delegación de Ourense viaxará ata a fronteira con Ucraína para recoller a vinte refuxiados e levalos a Maceda. Un dos integrantes desa comitiva será o alcalde do concello, Rubén Quintas. Nesta xornada, que comeza este martes ás 9.30 horas, acompañaranlle dous bombeiros de Ourense e voluntarios de Protección Civil.
Este luns recibiron o visto e prace para poder viaxar á fronteira con Ucraína e realizar esta viaxe na procura da vintena de refuxiados, que se instalarán en Maceda. Nesta iniciativa colaboran tamén a Comunidade do Ribeiro, Baños de Molgas e Vilar de Barrio.
MARIA FERREIRO - 1º BACH-A
|