Utilizando o Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA) en Chile, investigadores do Observatorio de Leiden, nos Países Baixos, detectaron por primeira vez dimetil éter nun disco que forma planetas. Con nove átomos, é a molécula máis grande identificada nun disco deste tipo ata a data. Tamén é un precursor de moléculas orgánicas máis grandes que poden levar á aparición de vida. "A partir destes resultados, podemos aprender máis sobre a orixe da vida no noso planeta e así facernos unha mellor idea do potencial de vida noutros sistemas planetarios. É moi emocionante ver como estes descubrimentos encaixan no panorama máis grande", di Nashanty Brunken, autor principal do estudo publicado en Astronomy & Astrophysics. O dimetil éter é unha molécula orgánica que se ve habitualmente nas nubes formadoras de estrelas, pero nunca antes se atopou nun disco formador de planetas. "É realmente emocionante detectar finalmente estas moléculas máis grandes nos discos. Durante un tempo pensamos que non sería posible observalos”, di a coautora Alice Booth, tamén investigadora do Observatorio de Leiden. Orgánicos complexos, como o éter dimetil, xorden en nubes formadoras de estrelas, incluso antes de que nazan as propias estrelas. Nestes ambientes fríos, átomos e moléculas simples, como o monóxido de carbono, adhírense aos grans de po, formando unha capa de xeo e experimentando reaccións químicas que dan lugar a moléculas máis complexas. A comunidade astronómica descubriu recentemente que a trampa de po no disco do IRS 48 tamén é un depósito de xeo que alberga grans de po cubertos con este xeo complexo. "O que fai isto aínda máis emocionante é que agora sabemos que estas moléculas complexas máis grandes están disponibles para alimentar o proceso de formación de planetas no disco".
Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A
|