Dous anos despois da chegada da covid comezan a eliminarse algunhas das medidas que
acompañaron a toda a sociedade durante meses. A mascara en exteriores xa non é unha obriga,
salvo que non e poida manter a distancia de seguridade, pero en Galicia a Xunta non viu cara esta
decisión nos patios dos colexios, polo que remitiu unha circular aos centros educativos
recomendando que ao menos os pequenos sen pauta de vacunación compreta la manteñan. Sin
embargo, esta seman complétase a vacnación do grupo de 5 a 11 anos, polo que «nos vindeiros días
daremos ese paso», apuntou nun acto celebrado en Santiago o conselleiro de Sanidade, Julio García
Comesaña.
E é que dous anos esias, apuntou, «parace que por fin vai comezar esa vida pospandemia».
Superada a fase aguda da mesma, agora comunidades ye Goberno central acordan o cómo e o
cuándo se adoptarán outras medidas, como a retirada da mascara en interiores ou a fase
transitoria da pandemia. Respecto ao primeiro, García Comesaña recordou que chegará «máis
pronto que tarde» e de modo progresivo, é dicir, irase decidindo en qué ámbitos pode quitarse o
tapabocas aínda en interiores. «Esta é precisamente unha das cuestións que ten que abordar a
Ponencia de Alertas», explicu o conselleiro, que se reúne la seman que ven para elaborar unha
proposta que deberá aprobar a Comisión de Saúde Pública.
No acto de firma dos Acordos de Xestión 2022 coos responsables das sete áreas sanitarias, García
Comesaña agradeceu a profesionais e directivos o traballo durante estes dous anos, que permitiu
que Galicia teña as tasas más altas de vacinación e a menor tasa de mortalidade do
Estado, «podemos dicir que o Sergas foi probablemente o sistema sanitario público que máis vidas
salvou durante esta pandemia».
O conselleiro de Sanidade mostrouse satisfeito da reunión entre comunidades e Ministerio de
Sanidade celebrada onte en Zaragoza, a que se reaizou un trablo técnico «ben feito» para avanzar
n novo sistema de vxiancia da fase transitoria da pandemia. En canto ás medidas que se manteñen
de forma específica en Galicia -certificado covid en centros hospitalarios con ingreso e
sociosanitarios, así coma limitación na ocupación de mesas en hostelería-, prorrogaranse quince
días máis en principio, tendo en cuonta ademais o lixeiro repunte que está experimentando a
incidencia daecovid na comunidade.
Precisamente o TSXG acaba de autorizar a prórroga ata o 26 de marzo da exisencia do certificado
covid-19 en hospitais e residencias. O tribunal considera que a medida é adecuada para protexer a
persoas especialmente vulnerables, así como a forma menos lesiva de compatibilizar «a
salvagarda da vida e a saúde co exercicio doutros dereitos como o de reunión e o dereito á
intimidade persoal e á vida familiar».
O risco de transmisión, entende o Tribunal Superior, sigue sendo elevado, e o virus aínda
absorbe «significativos recursos do sistema público de saúde de Galicia».
Carla Mascañas Miranda
1º A Bacharelato |