Rusia intensificou os ataques nas últimas horas na guerra en Ucraína. Segundo as autoridades ucraínas, as forzas de Rusia bombardearon sen descanso varios hospitais na cidade de Mykolaiv. Tamén informaron do ataque aéreo de Rusia a unha mesquita que albergaba a 80 civís en Mariupol. Mentres que Kiev viviu unha noite de bombardeos nos arredores coa destrución de varios obxectivos entre eles unha central de intelixencia de Ucraína.
Enxeñeiros rusos inspeccionan a planta nuclear ucraína de Zaporiyia para comprobar o nivel de radiación
Funcionarios do xigante nuclear ruso, Rosatom, chegaron este venres á planta de enerxía nuclear ucraína en Zaporiyia, bombardeada en marzo 4 e ocupada desde entón polos rusos, que aseguran estar alí para comprobar o nivel de radiación, dixo a axencia nuclear ucraína Energoatom.
11 empregados de Rosatom chegaron á planta -a máis grande de Europa, no río Dniéper- controlada por enxeñeiros de Rusia das centrais eléctricas en Balakovo, no Volga, e Rostov, no Don, dixo Energoatom en mensaxes de Telegram. "para reparar a planta", despois dos bombardeos que sufriu a principios de marzo, novamente segundo Energoatom.
Pero a negativa do persoal ucraíno a colaborar cos rusos tamén sería un motivo para á súa chegada, segundo a axencia. Un dos rusos que chegou á planta cos enxeñeiros, quen se presentou como o novo xefe da administración militar-civil local, díxolle ao persoal que a planta agora considerábase territorio ruso e dependente da axencia rusa Rosatom, engadiu Energoatom.
Aitana - 1º Bach-A
|