
O grupo ourensán Brañas Folk xa conta co seu novo traballo discográfico . Godaxe é o título do último proxecto da banda liderada polo músico e luthier Manuel Brañas e no mesmo inclúen se doce temas, entre eles a peza Cantiga 215 Sta María. Con gran Razón, que fora presentada nun acto que se desenvolveu no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Xunto ao creador do grupo, a formación actual de Brañas Folk está composta por Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Guillermo Brañas (acordeón), J. Antonio Blanco (guitarra), Olga Brañas (piano, pandeireta, bombo, bodrham e darbouka), Eduardo Balvís (baixo) e Aser Álvarez (batería e tamboril). Godaxe! Inclúe temas tradiCionais, arranxados para a ocasión, unha peza de Olga Brañas e a Cantiga 215 de Sta María. As pezas do disco son, ademais da cantiga, a Xota de Moialde do repertorio de Félix e Castor Castro Vicente, Tiroliro, Trullada da Castiñeira, Capitán Dunnes, Rumba de Escornabois, Alalá de Vilanova, Mega Reel, O pé das Burgas, Canto da vendima de Castrelo, Bailando a muiñeira e unha Alaid e alborada de José Castro, Chané. Os arranxos das pezas foron realizados por Brafias Folk, Pancho Álvarez, Olga Brañas e Mar Gómez. Bailando a muiñeira, peza de Olga Brañas con texto de Pura Vázquez, foi o tema interpretado na Festa da Palabra celebrada na Insua dos Poetas no 2016, edición na que se homenaxeou ás irmás escritoras. Na gravación participaron como convidados Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Orfeón Treixadura e Mar Gómez, entre outros.
Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A
|