 O Concello de Verín presentou a programación oficial do entroido deste ano que se tivo que adaptar á situación da pandemia. Entre outras cousas, obrigou a descartar os grandes desfiles. Malia non organizar ningún acto masivo —para evitar aglomeracións— será un ano con máis de cen horas de música programadas na rúa. "A festa e a diversión están aseguradas".
Dende o 17 de febreiro (xoves de compadres) ata o 1 de marzo (martes de Entroido), o Concello programará un total de 45 actuacións musicais itinerantes, a cargo de charangas, grupos de música tradicional e bandas de música. ). Todos os días pola mañá, a partir das 11:30 horas, e pola tarde, a partir das 17:30 horas, a música percorrerá todas as rúas da vila. No entroido de Verín participarán, entre outras formacións: Los Támega, Terras Novas de Trives, Noroeste, Europa, Fuego, Abóbriga ou Jaláctivos.
VALENTINA FDEZ. COLMENERO 1ºA BACH
|