Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fuxan os Ventos: "Nunca pretendemos comercializarnos"
A raíz das informacións xurdidas nas últimas datas, a mítica banda, no seu 50 aniversario, lamenta "que haxa quen aproveite esta celebración para seguir intoxicando e faltando á verdade" e desbota que existisen "diferenzas ideolóxicas a respecto da defensa do idioma e a cultura do país".

A histórica agrupación musical Fuxan os Ventos fai medio século de vida, un fito ao alcance de moi poucas e poucos artistas. Con motivo deste aniversario, nos últimos días xurdiron diferentes informacións e declaracións a respecto do que lle aconteceu á banda, algo que vén de aclarar a través dun comunicado publicado en Facebook.
Así, destaca que as persoas que conforman na actualidade Fuxan os Ventos séntense "moi contentas" de ter chegado tan lonxe: "Estamos orgullosas da nosa historia como grupo, do traballo feito e da boa acollida que nos tedes dado ao longo de tantos anos".
Con todo, a agrupación lamenta "que haxa quen aproveite esta celebración para seguir intoxicando e faltando á verdade, como veñen facendo desde hai 40 anos".
Neste senso, aclaran: "Non é verdade que quen quedamos en Fuxan a comezos de 1983 —sete de nove— quixésemos comercializarnos, nin que houbese diferenzas ideolóxicas a respecto da defensa do idioma e da cultura do noso país. Si se discutía sobre a importancia e necesidade de mellorar nos arranxos do repertorio, no acompañamento instrumental, nas voces, na posta en escena...".
As persoas integrantes da banda "sempre" viviron de cadansúa profesión, "antes e despois de 1983". E os ingresos, que Fuxan os Ventos salienta que "nunca foron moitos", destináronse "á intendencia e mantemento e máis asegurar a continuidade do grupo".



Candela Pedrido Oddós 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-02-2022 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0