Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A autopsia determina que a muller falecida en Begonte non morreu dun golpe na cabeza
Unha muller, natural do municipio lucense de Rábade, faleceu pasadas as 23.00 horas deste venres tras unha aparatosa caída acontecida en Begonte. Segundo informaron os medios de Emerxencias, a vítima, de 54 anos, tropezaría e golpeouse na cabeza contra o bordo dun pozo, chegando mesmo a quedar parte do seu corpo dentro do oco.

Con todo, a súa actual parella sentimental, que saíu esta mañá do domicilio onde aconteceu o falecemento, desmentiu esa versión. O home contou que, na noite do venres, subiu ao seu dormitorio. Ao notar que a súa parella atrasábase en facer o mesmo, foi comprobar o seu estado á planta baixa, onde a atopou desmayada no chan.


Atopábase tombada, segundo declarou o home, e tiña a cabeza xusto á beira dunha especie de sumidoiro, unha arqueta, contra a que se podería golpear ao caer. Na súa casa existe un pozo, pero nada tivo que ver coa morte, xa que o home atopouse o corpo na cociña. A confusión débese, segundo a súa versión, a un malentendido entre a Garda Civil, o 112 e el mesmo. «Non creo que morrese por un golpe na cabeza. Creo que ten máis que ver con algo cerebral ou cardíaco, porque ela mareábase a me

Unha autopsia concluínte
O corpo da muller foi trasladado ao HULA para ser sometida a unha análise necrópsico, e a súa parella acudiu na mañá deste sábado ao cuartel da Garda Civil para certificar o seu testemuño. Foi esta autopsia a que determinou que a vítima non morrera tras un forte golpe, xa que a parte interna do cranio non mostraba ningún signo de impacto, segundo fontes do Instituto de Medicina Legal de Galicia ( IMELGA), departamento encargado da análise do corpo.

O estudo forense determinou que o cadáver non mostraba signos de violencia, polo que a opción que se baralla polo momento é a dunha morte natural. Seguramente, o falecemento estea vinculado por unha afección cardíaca, relacionada cunha longa enfermidade que arrastraba a vítima desde facía varios anos.


Ao lugar, situado na parroquia de Saavedra, ao pé da estrada LU-541, acudiron os servizos de Emerxencias do 112, do 061 e da Garda Civil, pero nada se puido facer pola vida da muller, cuxas iniciais son I. R. P., segundo confirmaron confirmaron un comunicado. Chegou mesmo a trasladarse ao lugar o médico do PAC de Outeiro de Rei, que só puido certificar o seu falecemento.



Beatriz Pacetti Arias 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-02-2022 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0