Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Animalistas protestan en Vigo e A Coruña contra a caza
A Plataforma 'Non á Caza' (NAC) formada por varias entidades e colectivos manifestáronse este domingo para pedir a eliminación do que consideran unha "aberración anacrónica". Fundación Franz Weber pide un impulso ao anteproxecto de lei estatal de protección animal, que contará con "aval parlamentario"

Varias asociacións e grupos animalistas que forman parte da Plataforma 'Non á Caza' (NAC) manifestáronse este domingo en Vigo e na Coruña, ademais doutras 38 cidades do Estado español, contra unha práctica que consideran como unha "aberración anacrónica".

En Vigo a concentración realizouse ás 12 horas no cruzamento entre as rúas Vía Norte e Urzaiz e na Coruña fronte ao Obeslico. Nas protestas reuníronse centos de persoas, segundo a organización, moitas delas acompañadas dos seus cans.

O portavoz da Fundación Franz Weber na Galiza, Rubén Pérez, quen participou na da Coruña, explicou que estas mobilizacións buscan impulsar a aprobación da lei estatal de protección animal, que leva "desde outubro en fase de anteproxecto".


Pérez cre na necesidade de "confrontar co 'lobby' procaza", que leva "meses co seu relato" en defensa do uso de cans para a actividade cinexética e en contra de prohibir prácticas como "o tiro ao pichón e o uso de animais en circos".

Amplo rexeitamento social
Segundo o responsábel de Fundación Franz Weber, estas e outras como a tauromaquia son accións xa "superadas socialmente", tal e como demostra unha enquisa da Fundación BBVA á que fai referencia.


Pérez explica que os datos deste mesmo estudo apuntan a que a sociedade expresa xa "amplo rexeitamento" ao uso de animais en espectáculos como os touros e os circos, así como na caza deportiva e na investigación.

Neste contexto, considera que si hai "un aval parlamentario" no Congreso a favor de avanzar na citada lei para que o Estado español se equipare "a outros países europeos".


Dito isto, lamenta a do PP con respecto a esta materia, xa que rexeita eliminar prácticas que "a nivel autonómico aprobou", por exemplo a lei galega de protección e benestar dos animais, que data do ano 2017.



Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2022 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0