.jpg) Hai 15 anos o Goberno prometeulles que o seu investimento lles permitiría ter un complemento para a súa xubilación e pouco despois recortaría os seus ingresos nun 30%
A pesar de que España é unha das puntas de lanza das enerxías renovables en Europa -considérase a Arabia Saudita da enerxía solar do continente-, a principios de milenio a situación era moi diferente. Cando a UE decidiu que era necesario apostar por estas fontes para conseguir a descarbonización, o Goberno lanzou un chamamento á cidadanía para que co seu aforro axude a dar ese primeiro paso. A cambio, prometeulles, case literalmente, o sol: o investimento pagaría por si só e en poucos anos gozarían de ingresos adicionais. Pero uns anos despois chegaron varios recortes que fixeron que algúns incluso perderan as súas vivendas por mor da débeda. Hoxe a situación mellorou, pero as decenas de miles de familias que responderon a esta convocatoria están lonxe de recibir a recompensa que lles prometeran.
"Houbo un chamamento do goberno á poboación en xeral para que investira nisto", lembra Francisco Fernández Lidón, un labrego de Lorca de 70 anos. "Compra sol, o sol pode ser teu", lembra. Corría o ano 2006 e estes slogans apareceron nos anuncios emitidos nas cadeas de televisión nacionais e locais. Lidón, como moitos outros, acabou buscando nestas placas unha xubilación digna e entrou nunha cooperativa.
Francisco non estaba, nin moito menos, só. Segundo datos de Anpier, a Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica, unhas 65.000 persoas sumáronse á iniciativa, que causou unha profunda impresión no que entón era o rural español e hoxe está baleiro. Era, ao cabo, un complemento perfecto para ter unha xubilación digna nun sector, o primario, onde non adoitan estar. Por iso tamén o perfil do investidor era o dun pequeno aforrador próximo aos 50 anos.
Jaume Pedrós, outro destes pioneiros, foi por esa idade cando escoitou a proposta dos gobernos nacional e local dende o Pla D'Urgel, comarca de Lleida cuns 37.000 habitantes. Agora, con 60 anos, está moi lonxe de recuperar o seu investimento.
Eva Fernández Ferro 1º B Bacharelato |