Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A directora xeral de Patrimonio eludiu contestar sobre as irregularidades de Tragsatec
As reaccións á anulación por parte do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) da externalización de servizos de Patrimonio a unha filial de Tragsa, Tragsatec, non se fixeron esperar.


Deste modo, fontes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) consultadas por Nós Diario confirmaron que van pedir a comparecencia de María del Carmen Martínez Insua, directora xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación.

A súa figura leva na diana desde que fose retratada pola nacionalista Mercedes Queixas na Comisión 4ª de Educación e Cultura que se levou a cabo o pasado día 2 de xuño de 2021 no interior do Parlamento da Galiza.


Alí, Queixas sinalou que "desde o ano 2018" viñan sucedéndose "de modo concatenado e ininterrompido" unha serie de ofertas de contratación á empresa pública Tragsated desde Patrimonio "por unha serie de traballos sempre coa mesma literalidade ‘servizo técnico cualificado para análise e informe das intervencións en bens de interese cultural’.O DOG dá conta de até sete procesos de contratación desde 2018 con estas palabras, o primeiro no mes de xullo dese ano por un importe superior a 250.000 euros para unha temporalidade de seis meses e o último foi o 31 de decembro de 2020 tamén por seis meses. O total supera o millón e medio de euros destinado a estes proceso de análise e elaboracións de informes en BIC e bens catalagados", engadiu.

A maiores, Mercedes Queixas deixou claro que Tragsatec é unha empresa "de fins agrarios que está especializada en cousas como concentracións parcelarias e non en cuestións que requiren alta especialización", así como que "o persoal traballador de Tragsatec emite informes a distancia, pois non visita as obras das que ten que elaborar os informes, cousa que si que fai o persoal da Consellería de Cultura".


Todo isto, definiuno no seu conxunto como "unha aposta deliberada e convencida por unha externalización sistemática dun traballo que pertence ao funcionariado acompañada por unha certa arbitrariedade nas cifras e no tipo de traballos".

Na súa resposta na Comisión, Martínez Insua botou balóns fóra, limitándose a defender a valía do persoal de Tragsatec e a indicar que tiñan "un problema coas baixas prolongadas" e cun "volume de documentos de entrada que se incrementa ano a ano".


Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-01-2022 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0