 A moza describe unha situación de denigración e asfixia que lle recaeu enriba cando tiña menos de 16 anos, para prolongarse durante meses. Relata que o seu pai comezou a tocarlle para, co paso do tempo, aumentar a intensidade dos seus malos tratos.
Segundo o seu testemuño, tivo que aguantar sen que a súa nai se decatase do que estaba a pasar. Os ataques producíronse cando a muller estaba fóra da casa. A nena tivo que dixerir a ameaza de que lle pasaría o mesmo á súa irmá pequena en canto fose maior. Ao principio tratábase de tocar cando a nena estaba na ducha, pero as cousas empeoraron.
Finalmente, prohibíuselle estritamente comunicarse por calquera medio coa súa filla.
Valentina Fernández Colmenero
1º Bach-A |