Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Familiares e usuarios de residencias piden a dimisión da conselleira de Política Social
A Asociación Galega De Familiares e Usuarios De Residencias Vellez Digna solicita a dimisión inmediata de Fabiola García Martínez por non "velar polo cumprimento das medidas preventivas nas residencias" e por dar "protección ás patronais das residencias, deixando indefensas ás persoas usuarias".

A Asociación Galega De Familiares e Usuarios De Residencias Vellez Digna vén de facer público un comunicado no que solicita a dimisión inmediata da conselleira de Política Social, tanto pola "inacción do seu servizo de inspección, que non foi quen de velar polo cumprimento das medidas preventivas nas residencias, como por non ter claro que intereses debe defender como conselleira, dando protección ás patronais das residencias e deixando indefensas ás persoas usuarias".


Vellez Digna cre que se a conselleira non dimite, “debería ser Feixoo quen a cesase canto antes para frenar esta sangría de contaxios”. A asociación cre que a conselleira “se dedica a defender a DomusVi, non aos enfermos” e fai referencia a unha visita da titular de Política Social, Fabiola García Martínez, á residencia DomusVi de Bembrive (Vigo) “nunha situación caótica e desbordante, con só unha enfermeira por quenda para atender a positivos e negativos; sen persoal de atencion directa -porque en DomusVi non se cobren as baixas-, con falla de equipos de protección, e cun mesmo vestiario compartido para traballadoras de unidades COVID-19 e de zonas “limpas”, facilitando así a transmisión. Esta situación”, continúa o comunicado, recurrente non mereceu nin a mínima reprobación por parte da conselleira, nin implicou sanción ningunha por parte da Inspección de Política Social nestes dous anos, a pesar de haber denuncias ao respecto”.

Os familiares das persoas residentes din estar “perplexas” ante o feito de que “a única medida preventiva que se cumpriu con rigor nestes dous anos (a pesar de non coñecerse contaxios por causa das visitas) foi a de limitar, estritamente, o acceso dos familiares, para que non vexan o que pasa e non podan denunciar”.


Vellez Digna cre que a actuación das residencias DomusVi é idéntica a da primeira onda e que hai risco de que nas residencias de Aldán e Ribadumia se alcance un contaxio masivo igual que na de Bembrive”. Ademais, denuncia que en Aldán e Ribadumia, para manter baixas as cifras de positivos, so se fan test aos residentes que presentan síntomas, “non a todos, como sería lóxico, co cal os positivos asintomáticos non son detectados e seguen contaxiando, facendo inútiles todas as medidas preventivas que se adopten ao seguir mesturados positivos asintomáticos con negativos”.

A Asociación Galega De Familiares e Usuarios De Residencias remata lembrando a responsabilidade da Xustiza, que non iniciou “nin unha soa actuación de oficio ante centos de mortos” e que, “ante as denuncias de familiares, limitou e impediu na práctica toda posibilidade de investigación do sucedido, non permitindo presentar testemuñas nin practicar unha soa proba”. E rematan aseverando que “a súa actuación, xunto coa da Consellería de Política Social, supuxo para ás residencias unha garantía de impunidade”.


O comunicado remata coa esixencia de que a Inspección de Política Social investigue os contaxios masivos nas residencias, que se realicen probas a todos os usuarios das residencias nas que entrou a Covid, que se sancionen as infraccións e que se aparte a DomusVi das residencias públicas para recuperaren a súa xestión pública.



Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-01-2022 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0