Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os restos de Uxío Novoneyra descansarán no Courel
Os restos do poeta Uxío Novoneyra, falecido aos 69 anos en Santiago, o 30 de outubro de 1999, descansarán ao fin na súa terra natal, en Parada do Courel, no municipio de Folgoso. O velorio do gran poeta da montaña lucense celebrouse no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingo de Bonaval, para logo ser enterrado o 31 de outubro ás catro e media da tarde, no cemiterio de San Froilán, en Lugo, nun acto emotivo no que estiveron grandes amigos de Novoneyra, como Manuel María, que leu un poema, ou Xosé Manuel Beiras.
Naquel momento, por expreso desexo do propio Uxío Novoneyra, que levaba dous anos tratándose en Madrid dunha grave enfermidade, así como da súa familia, acordouse enterrar ao poeta en Lugo, pero coa intención, pasado un tempo, de levar os seus restos a Parada do Courel.
Ese momento foi o 14 de xaneiro de 2022, cando ás nove e media da mañá s procedeuse ao traslado dos restos do poeta dende o cemiterio de San Froilán ao Courel.
Na entrada houbo un pequeno acto de despedida, que consistiu na lectura dun poema e a interpretación do himno galego.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-01-2022 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0