Núñez Feijóo sinalou que ese documento servirá como orientación que poderá actualizarse se mellora a situación epidemiolóxica.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núnez Feijóo, explicou este venres que o goberno autonómico traballa nun protocolo para a celebración do Entroido, que considera “moi importante para a provincia de Ourense”.
Feijóo explicou que Saúde Pública xa traballa nese documento que espera listo “ a principios de febreiro” e que servirá de orientación, polo que se “axustará definitivamente á situación” nas datas próximas ao Entroido. O residente autonómico sinalou que a onda de contaxios provocada por ómicron “pode baixar e desacelerar a finais deste mes de xaneiro”, polo que a Xunta tería o mes de febreiro para “actualizar ese protocolo”.
Explicou que dada a “importancia” do Entroido para algunhas zonas se vai elaborar o protocolo “con cautela e anticipación”.
Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A. |