Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha asociación veciñal denuncia que o centro histórico de Ourense convertéronse nun « botellódromo»
A asociación O Cimborrio de Ourense publicou un vídeo nas súas redes sociais no que ensina como queda o centro histórico da localidade tras unha noite de festa, mostrando grandes cantidades de vasos de cartón tirados nas rúas onde se atopan os establecementos hostaleiros. As restricións nos interiores dos locais levaron á maioría para servir as copas en recipientes dun só uso e os clientes consómenas ás portas dos establecementos. Está situación está a xerar grandes cantidades de restos que durante a madrugada recolle o servizo de limpeza da capital. Os membros de Cimborrio cren que non se poden pagar con diñeiro de todos os danos ocasionados na zona polo que consideran unha nova modalidade de botellón.

«Para a limpeza utilízanse camións de gran tonelaxe, varredoras e sopladoras ruidosas que se esmeran, durante dúas horas, en limpar todo rastro de sucidade pero xerando un desastre ecolóxico ao gastar 150.000 litros de auga extraída directamente do río Barbaña», denuncia. Engaden: «Queda patente, ademais do incivismo da clientela e o incumprimento dos hostaleiros, a enorme hipocrisía política ao afirmar que o botellón está controlado, cando toda a zona monumental é un botellódromo».


Valeria Labandeira
2º BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-01-2022 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0