Despois dunha década á fronte da presidencia de Inditex, Pablo Isla, deixará o seu cargo o próximo mes de abril, en mans da súa sucesora, Marta Ortega.
Isla tamén quixo despedirse dos 144.000 empregados da multinacional. Fíxoo a través dunha carta na que reitera o seu compromiso con Inditex e Amancio Ortega, na que destaca o seguinte: "Vou levar a todos e cada un de vós no meu corazón".
Marta amosa o agradecemento ao seu antecesor, “polo seu extraordinario traballo e dedicación durante todos estes anos. E lembra: «Vivo nesta empresa dende a miña infancia e aprendín de todos os grandes profesionais cos que traballei durante os últimos 15 anos. Sempre dixen que dedicaría a miña vida a desenvolver o legado dos meus pais”. Marta Ortega chega á cúpula da multinacional aos 37 anos.
MARÍA FERREIRO
|