Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense reivindica a Blanco Amor e o seu pouso na mocidade

Nun día pouco acaído para a xuntanza anual en San Francisco, a memoria de Blanco Amor xuntou a representantes do Centro Pen Galicia, a Fundación Blanco Amor, a Deputación e o instituto que leva o nome do escritor para lembrar ao autor de A Esmorga, que finaba en Vigo o 1 de decembro de 1979. Luís González Tosar, presidente do PEN Galicia e director da Fundación Blanco Amor, lembrou que o eseritor foi un adiantado ao seu tempo "a nivel cultural e social, e sempre nos está ensinando , aínda que non estea connosco".
Incidiu no legado do autor e na súa pegada nos novos escritores, ao tempo que lembrou que as portas da fundación estarán sempre abertas para a mocidade que se achegue a EBA e á creación literaria. No acto interviñeron, xunto a Rosendo Fernández, a profesora do IES Blanco Amor Soedade do Muíño e a exalum na Ana Fraile. Armando Ojea representou ao Concello de Ourense. Pola tarde, no Liceo, entregouse o Premio Blanco Amor de novela a Blanca Riestra.

Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-12-2021 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0