Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijóo, ante aumento de casos: “Ou nos coidamos ou teremos dificultades para o Nadal”

O presidente da Xunta recoñeceu que Ourense e Vigo son as zonas “especialmente castigadas” e espera que a vacinación en maiores de 60 consiga baixar a incidencia.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, advertiu este sábado sobre a circulación da covid-19 na Comunidade que “ou nos coidamos ou teremos dificultades para o Nada, que todos queremos desfrutar”.
Nas declaracións aos medios tras visitar unha exposición dedicada ao arquitecto Antonio Palacios na cidade olívica, acompañado do alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, Feijóo recoñeceu que as zonas de Ourense e Vigo son “especialmente castigadas” polo número de contaxios.
“Espero e desexo que a medida que vaiamos finalizando a vacinación dos maiores de 60, que espero que o podamos facer os próximos días, empece a baixar a incidencia”, sinalou.
O titular da Xunta confía en reducir a imposición do coronavirus tamén na poboación de entre 5 e 11 anos coa inmunización deste grupo de idade “en canto se dispoña das vacinas a partir do 13 de decembro”.


Ana María Cid Borajo.
1º de Bacharelato A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-12-2021 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0