Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miles de persoas claman na rúa contra o desmantelamento do hospital de Valdeorras
Preto de 4.000 persoas encheron as rúas do Barco de Valdeorras para exixir unha asistencia sanitaria "digna e pública" no hospital comarcal.
Manifestación en defensa da
sanidade pública e da mellora do hospital de Valdeorras (Rosa Veiga / Europa Press).
Manifestación en defensa da sanidade pública e da mellora do hospital de Valdeorras (Rosa Veiga / Europa Press).
Nós Diario
Redacción
16:23 do 28 de novembro de 2021
Milleiros de persoas encheron este domingo as rúas do Barco de Valdeorras ─unhas 4.000, segundo estimacións do comité de empresa─ nunha manifestación para exixir unha asistencia sanitaria "digna e pública" no hospital comarcal.


O portavoz de UXT neste centro, Víctor Parente, que se amosou "moi contento" coa resposta da veciñanza, colectivos e partidos políticos a esta convocatoria da xunta de persoal, lamentou que os valdeorranos teñan que estar a protestar "con tanta asiduidade na rúa" por un "desmantelamento" do hospital que vén arrastrado, segundo explicou, "desde o ano 2010", polo que "non é unha cuestión da pandemia".


Foi nese ano cando se creo a estrutura de organización de xestión integrada (EOXI) de Ourense-Verín-Valdeorras, o que agora ─após a reforma aprobada no ano 2017─ se corresponde coa área sanitaria. "A partir de aí os servizos empezan a empeorar", asegurou Parente.


O principal problema, tal e como denuncia, é que os cadros de persoal que ten orzados o hospital comarcal "xa non se cobren". A modo de exemplo, sinala que xa non hai nin cardiólogos nin urólogos, mentres que se antes había tres traumatólogos, agora hai "só un".

Anuncio vacío
Así, sobre o recente anuncio do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, da incorporación de tres especialistas en Traumatoloxía neste hospital, o sindicalista insiste en que ese non é o "problema". Ademais, sinala que non serán profesionais "contratados para o hospital", senón que farán "as gardas".


Así mesmo, Parente critica que o titular de Sanidade da Xunta acudise ao hospital "tres días antes" da manifestación, tendo en conta que as medidas prometidas non anticipan, ao seu xuízo, "unha situación moi aduladora".

"Tomaremos as medidas que consideremos que son máis apropiadas", advirte, para avanzar posibles futuras manifestacións, xa que "quen ten a pelota no tellado é a Consellería".


Fartos de promesas
Na manifestación deste domingo no Barco tamén participaron varias deputadas e deputadas do BNG, entre eles Noa Presas, Iago Tabarés e Maria Albert. Esta última, en declaracións aos medios, exixiu a Xunta que finalice co "proceso de demolición do distrito sanitario de Valdeorras" e "garanta os servizos básicos que se lle requiren a calquera hospital comarcal digno de tal nome".

Neste sentido, pediu ao Goberno galego que escoite á cidadanía de Valdeorras, mobilizada porque está "farta de promesas na prensa cando no seu día a día se enfronta á dura realidade da falta de atención sanitaria básica".


Sobre o anuncio do conselleiro da incorporación de tres especialistas en Traumatoloxía, tamén se mostrou crítica: "Primeiro, haberá que ver que ocorre en realidade con este novo anuncio e, segundo, aínda que se faga efectivo, non soluciona, nin moitísimo menos, un problema que se concreta nun desmantelamento estrutural da asistencia sanitaria na comarca".

De igual modo, a deputada do BNG enmarcou este anuncio nun "intento pouco democrático de parar a mobilización social por parte dun Goberno que debería ocuparse de buscar solucións e non facer anuncios publicitarios que, por outra banda, a cidadanía non compra". "O que estamos a ver é que a Xunta está disposta a acabar co hospital comarcal e aí terá sempre enfronte á cidadanía de Valdeorras e, xunto a ela, ao BNG", concluíu.

O Sergas respecta mais non entende
Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, pronunciouse este domingo, en declaracións a Radio Galega , sobre a manifestación de Valdeorras. Aínda que afirmou que "respectan claramente" a concentración, non "entenden" unhas mobilizacións que apuntan a que a Xunta "non quere unha sanidade pública, cando é todo o contrario". "Queremos que a sanidade pública galega sexa a mellor de España; estamos orgullosos dela, como o están os seus profesionais e os pacientes", asegurou.

Flores insistiu en que a mobilización "atende a un tipo de queixa que se fai extensivo á xente, pero non hai razón", posto que o Goberno galego "é o primeiro convencido dunha sanidade pública de calidade".

Porén, o xerente do Sergas recoñece que no Barco de Valdeorras existen "determinadas dificultades para ter o persoal que permita ofrecer os servizos desexados", pero remarcou que é "algo que ocorre en toda Galiza". Neste sentido, lembrou que os problemas no servizo de Traumatoloxía, "o máis crítico", xa se solucionaron.



Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0