Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O carballo de Conxo imponse na final e loitará por ser Árbore Europea de 2022
O carballo coñecido como 'O Avó', situado no bosque do Banquete de Conxo, en Compostela, supera ao resto de árboles candidatas do Estado español e loitará por ser a Árbore Europea 2022.

'O Avó', o carballo situado no bosque do Banquete de Conxo, en Compostela, vén de gañar o recoñecemento de Árbore Española 2022, polo que agora competirá por converterse na Árbore Europea de 2022.
O exemplar, que conta con máis de 250 anos de historia, 30 metros de altura e case 4 metros de perímetro de tronco, impúxose cun total de 22.974 votos, por encima da sabina de Blancas, situada na comarca de Jiloca (Teruel), que recibiu 21.523 apoios.
Esta árbore atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que foi testemuña de momentos emblemáticos e transcendentais da vida cultural e histórica de Compostela e da Galiza.
O espazo forma parte da obra e textos que Rosalía de Castro dedicou a esta contorna, que acolleu o 2 de marzo de 1856 a celebración do chamado Banquete de Conxo, unha comida onde estudantes universitarios de alta clase social serviron a obreiros e artesáns como símbolo de fraternidade e nun momento de importantes desigualdades sociais entre clases na capital galega.

O bosque de Conxo chegou a albergar a máis dun milleiro de árbores deste tipo, dos que na actualidade sobreviven menos de medio centenar, debido especialmente aos danos provocados polos incendios forestais que derivaron nun proceso de substitución por outras especies foráneas, sobre todo eucaliptos



Lucía Nogueiras Vergara 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0