Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Barco quere que os veciños sirvan de guías aos peregrinos do Camiño de Inverno
O Camiño de Inverno terá finalmente dúas variantes no tramo urbano do
Barco. Unha vez que os peregrinos saen do barrio de San Roque, no
cruzamento coa N-536 un panel informativo explícalles que teñen dúas
posibilidades: seguir a estrada nacional (agora convertida en travesía),
que é un tramo máis curto; ou gozar da beleza da zona vella e o
Malecón seguindo o curso do río Sil. Esta variante, que no Concello do
Barco entenden como a histórica, non aparecía recollida no trazado
proposto pola Xunta, aínda que xa hai acordo para incluíla. «Van ter o
mesmo nivel de protección», explica o edil de Turismo, Lalo Santos. É,
engade, un trámite burocrático que levará o seu tempo, pero que xa está
acordado coa Consellería de Cultura e en marcha.
O trazado do Camiño de Inverno xa está claro sobre o papel e agora
tamén sobre o terreo. O Concello do Barco rematou a sinalización do
trazado desde que entra no territorio municipal en Éntoma ata que sae
en dirección a Vilamartín pola Proba. Carteis informativos e mouteiras
indican ao peregrino como seguir o seu camiño. Pero o goberno local
quere tamén que os veciños se convertan en guías para os visitantes,
que saiban explicar sen dúbidas por onde han de seguir os pasos e
tamén dar conta dos puntos de interese turístico e histórico que se vai
atopar ou que ten diante dos seus ollos. Para iso, o Concello organizou
unha andaina (o sábado 27) dirixida aos veciños. Os participantes irán
acompañados dun historiador que lles dará «pílulas informativas sobre
vos lugares máis emblemáticos por interese hitórico e beleza
urbanística», di Santos, convencido do potencial do Camiño de Inverno.
Son 8 quilómetros de percorrido que sairán desde Éntoma e rematarán
na Proba. Haberá servizo de autobús (ás 9.00 horas) con saída desde
Viloira para seguir pola praza do Concello, O Castro, Outarelo e Vilanova
antes de rematar en Éntoma. Inscricións chamando ao número de
teléfono 604 076 91


Noa Lagos González 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0