Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Goberno ordena devolver todas as multas do primeiro estado de alarma
O Ministerio de Política Territorial creou un equipo de traballo con diversas institucións para proceder a paralizar a cobranza ou, chegado o caso, proceder á devolución das 172.482 sancións durante o primeiro estado de alarma que xa foron executadas.
Este grupo, no que traballan técnicos de todas as subdelegacións e delegacións do Goberno (excepto do País Vasco e Cataluña que teñen esta competencia transferida), está formado tamén por persoal a Axencia Tributaria, a Delegación de Economía, o Tesouro Público e Política Territorial O Goberno vasco xa anunciara a principios de mes que ía proceder á devolución inmediata das sancións..


Estes especialistas, ademais de proceder aos reintegros das multas impostas en aplicación da chamada lei mordaza, teñen orde de anular todos o expedientes que aínda se están tramitando polas diferentes administracións, a pesar de que o Tribunal Constitucional o pasado xullo declarou ilegal o peche domiciliario e, polo tanto, deixou sen efecto as 1.142.127 multas impostas en toda España no primeiro estado de alarma, o que foi desde o 14 de marzo ao 21 de xuño de 2020
En Galicia instruíronse durante este período 45.000 sancións, das que 13.500 foron arquivadas. E por mor do falo do Tribunal Constitucional tamén houbo varios xulgados galegos que anularon as multas.

Segundo explicaron fontes do Executivo, a idea é que a administración, a través da posta en marcha de programas informáticos, proceda de oficio a reintegrar o diñeiro que, en moitos casos, as institucións cobraron de forma executiva. A intención do Ministerio de Política Territorial é que os cidadáns afectados poidan facilitar de forma telemática unha conta para as devolucións das sancións.


Paula Martínez
2º BAc
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0