Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un spray nasal como vacina para combater o Alzhéimer?

Até fai escasos meses, os tratamentos contra o alzhéimer parecían unha realidade pouco probábel, ben por tratamentos fallidos, ben polo abandono das farmacéuticas. Así, as únicas esperanzas de mellora dos pacientes eran os paliativos que, durante un tempo limitado, diminuían os síntomas da enfermidade, como a perda de memoria, o insomnio e perda da linguaxe ou habilidades de razoamento.

Con todo, o Brigham and Women’s Hospital de Boston (EUA) vai comezar o primeiro ensaio clínico que tentará probar a seguridade e eficacia en humanos dunha nova vacina que, administrada por vía nasal, está destinada a previr e retardar a progresión do alzhéimer. Un fito após case 20 anos de investigación dirixida por Howard L. Weiner, co-director do centro Ann Romney para Enfermidades Neurolóxicas en Brigham.

“O lanzamento do primeiro ensaio humano dunha vacina nasal para o alzhéimer é un fito notable”, explica Weiner. “Ao longo das dúas últimas décadas, acumulamos evidencias preclínicas que suxiren o potencial desta vacina nasal fronte a enfermidade. Se os ensaios clínicos en humanos demostran que a vacina é segura e eficaz, podería representar un tratamento non tóxico para as persoas con alzhéimer, e tamén se podería administrar de xeito precoz para a prevención en persoas en risco“.


Silvia Martínez Pedrouzo
1 Bach-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0