Tanxugueiras deron un paso adiante. Tras chamar a atención petando na porta de Eurovisión coa súa proposta, o martes oficializaban a candidatura para participar no Benidorm Fest. Alí escollerán que canción representa a España no certame. Elas levan unha peza inédita na liña de Figa. «Vai seguir nesa onda, pero ten unha letra e un significado moi potente que esperamos que chegue a todos os galegos e galegas. E tamén a aqueles que falan en linguas cooficiais do Estado. Que quede claro o noso arraigo polo noso idioma», explica Sabela Maneiro, unha das integrantes do trío que completan Aida Tarrío e Olaia Maneiro.
MARÍA FERREIRO RODRÍGUEZ.
1 BACH-A
|