Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Publican a inédita e derradeira obra de Luísa Villalta
“O exterior baila nas sombras mentres na mente un ventre proxecta nove meses de inacción. E son as sombras son as sombras resoando a danza do alumear que provoca o parto”. Os versos son da escritora Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004) e figuran na páxina correspondente ao 26 de febreiro do 2004 nun almanaque poético producido pola casa portuguesa Assíro & Alvim como resposta a Fresta de Fernando Pessoa. A autora falecería só uns días despois, o 6 de marzo. Agora, este poema inédito, xunto a medio cento máis que dialogan con outros de referencia da literatura universal recollidos nese calendario, ven a luz na publicación facsimilar As palabras ingrávidas , editada pola Xunta a través do Centro Ramón Piñeiro, institución que custodia, cataloga e di xitaliza o legado da autora coruñesa . “Trátase das derradeiras inscricións de Luísa Villalta antes do seu pasamento”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presenta ción da publicación xunto á nai de Luísa Villalta e a súa irmá, María Gómez e Susana Villalta, respectivamente . “Para nós este novo poemario que recuperamos é unha dobre ledicia . É un libro ata agora descoñecido e foi, ademais, o derradeiro que escribiu, o que fai desta recupe ración non só un evento literario, senón tamén un momento emotivo para nós” , resaltou a irmá da escritora. Este libro constitúe o primeiro volume da que será a Biblioteca Luísa Villalta . Nel non só recolle este diálogo poético cos versos de autora fronte a outros da literatura universal nos que traballaba cando morreu , senón tamén un estudo introdutorio a cargo de Armando Requeixo, secretario xeral do Centro Ramón Piñeiro, co que se busca achegar máis a biografía e obra literaria da poeta . “ Intentei reconstruír os seus pasos para que quede patente a dimensión descomunal que ten a súa figura e a súa escrita. Non só foi unha poeta de primeira orde na literatura galega , tamén foi unha narradora de referencia, unha dramaturga pioneir+a e unha ensaísta seguida” , destacou Requeixo, apuntando que As palabras ingrávidas - título tomado dun verso escrito nese calendario - supón o libro “ testamentario” de Luísa Villalta e “unha grande dialogando coas máis grandes”. Este coidado facsimilar nun estoxo, que tamén inclúe unha transcrición dos poemas, terá continuidade con novos libros posto que aínda queda obra inédita.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2021 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0