Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta permitirá alternativas á máscara no deporte base aos maiores de 12 anos
O debate sobre o uso da máscara no deporte base provocou a intervención da Secretaría Xeral para o Deporte, que a última hora da tarde de onte anunciou que permitirá medidas de protección fronte á covid-19 alternativas ao uso do cubrebocas para os maiores de 12 anos no deporte federado galego. Matizou que no caso dos menores desta idade, que aínda están sen vacinar, a súa utilización seguirá sendo obrigatoria.

Así, as propias federacións ou os organizadores de probas deportivas poderán propoñer modificacións dos seus respectivos protocolos baseados no documento Fisicovid- dxtgalego do 15 de xuño do 2020. O obxectivo deste regulamento era establecer a metodoloxía para seguir polas federacións deportivas galegas á hora de levar a cabo as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

Sabela Alonso Crespo
2º BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-10-2021 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0