Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RAG elixe Gonzalo Navaza como académico de número
A Real Academia Galega (RAG) elixiu Gonzalo Navaza (Lalín, 1957) como académico de número no pleno ordinario celebrado este sábado. Deste xeito, ocupará a vacante do historiador falecido Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Navaza é escritor, tradutor e destacado especialista en toponimia, ademais de profesor do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo. Forma parte da RAG como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica desde 2012.

Así mesmo, no pleno deste sábado tamén se acordou nomear académicos correspondentes o crítico literario Ramón Nicolás Rodríguez (Vigo, 1966) e a xurista Celia Pereira Porto (Róterdan, 1971).

Así, Gonzalo Navaza obtivo galardóns como o da Crítica Española de poesía por Fábrica íntima (1991) e Libra (2000); ademais de ser recoñecido co San Clemente de narrativa por Erros e Tánatos (1998).

A súa traxectoria como investigador en onomástica comezou nos anos 80, cando realizou a recollida de campo e a corrección da toponimia dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Pontevedra e Ourense. Entre outras obras, publicou Fitotoponimia galega (2006), un traballo monumental que recolle preto de 8.000 nomes de lugar que se corresponden con 150 especies botánicas distintas, o cal foi galardoado co Premio de Investigación Losada Diéguez (2007). Toponimia de Catoira, Premio Lois Pena Novo (2008), e Os nomes dos concellos da provincia da Coruña (RAG, 2021) son outras das súas obras. Forma parte do proxecto Dicionario de apelidos galegos.

Tamén traduciu ao galego clásicos universais como A chamada da selva, de Jack London (1982); Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle (1986); e As flores do mal, de Charles Baudelaire (1986). A súa versión de O can dos Baskerville foi recoñecida co Premio Ramón Cabanillas de Tradución Literaria (1991).



Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-10-2021 02:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0