Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Ribeira Sacra avanza cara a súa candidatura a Patrimonio Mundial e perfecciona o seu expediente
A Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura y Deporte iniciaron esta semana unha nova fase na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial a través dunha reunión con representantes do Icomos, órgano asesor da Unesco, na que participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló; a directora general de Bellas Artes do Ministerio de Cultura, María Dolores Jiménez-Blanco, e a directora general do Icomos, Marie-Laure Lavenir, entre outros.

O responsable de Cultura da Xunta, que estivo acompañado polo equipo técnico da candidatura, explicou que esta xuntanza marca un punto de inflexión no proceso da
candidatura para conseguir o máximo recoñecemento da Unesco, revisar o expediente en colaboración cos membros do órgano asesor e seguir avanzando co máximo rigor e calidade. “Seguimos crendo no gran valor da Ribeira Sacra e melloraremos todo o que sexa preciso para dar o último paso con toda a forza e conseguir o si definitivo”, declarou

O obxectivo compartido entre a Comunidade Autónoma e o Goberno do Estado é intensificar o traballo e avanzar, da man do Icomos, para dar un novo impulso á candidatura mediante un novo proceso de diálogo que acredite coas máximas garantías os valores excepcionais deste territorio. Para iso, contarase co “compromiso de todos.”

Para conseguilo, tal e complicou Román Rodríguez, o Goberno galego vai ampliar o equipo técnico que traballa na candidatura co fin de incorporar novos perfís. Ao mesmo tempo, vaise intensificar o contacto coas administracións implicadas así como cos propios veciños. “O noso propósito é inaugurar e ampliar un novo proceso de diálogo que permita intensificar a nosa estratexia e dar un novo impulso á candidatura da Ribeira Sacra”, precisou
.


Érika Mera Quintas 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-10-2021 01:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0