Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA MULLER SUFRIU UN ACCIDENTE NO BARRO
Unha muller necesitou a axuda dos servizos de emerxencia para poder saír do vehículo no que circulaba e co que sufriu unha saída de vía e deu a volta no municipio de Barro, segundo informa o 112.
O accidente ocorreu pouco despois das dez da mañá. Un particular chamaba ao 112 Galicia para informar de que un turismo acababa de sufrir un accidente á altura de Curro, e que quedara envorcado na cuneta. Ademais, afirmábase que no interior do turismo había unha muller que non podía saír ao verse atrapada polo cinto de seguridade.
Ao final das tarefas no lugar, a dotación de Bombeiros de Ribadumia confirmou a necesidade que tivo a condutora do coche de ser excarcerada para ser atendida no punto polo persoal sanitario, aínda que a muller desestimou o seu traslado a un centro sanitario, segundo o 112.
Lucía Alonso Freire 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-10-2021 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0