Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“O peligro de emular series”
“El juego del calamar” é a nova e famosa serie surcoreana que chegou aos recreos dos nenos de primaria en Galicia. Constátano os mestres, que dende hai semanas, ven cunha mestura de desacougo e intranquilidade como os cativos tiveron acceso de forma directa á serie que se converteu en todo un fenómeno mundial a través de Netflix. A trama é de carácter violento e non é recomendada para os menores de dezaseis anos.

Máis aló das fronteiras do noso país, o fenómeno de Netflix tamén serviu de inspiración para actos moi perigosos. Segundo informa The Telegraph, a policía de Londres está a frear as convocatorias que tratan de imitar os xogos, onde os xogadores eliminados recibirán "un disparo cunha pistola na cara". Ademáis, nalgúns países, mediante as redes sociais, están a organizarse quedadas para recrear escenas da serie, tendo consigo unha multitude de riscos.

Debido á fama da serie, mediante plataformas como TikTok, Twitter ou Instagram pódense encontar fragmentos do “Juego del calamar”, polo que calquera usuario, sendo menor de idade, conta con acceso ao contido violento non apto para a súa idade.

Sylvie Pérez, psicopedagoga e profesora colaboradora dos Estudos de Psicoloxía e Educación da UOC, fai unha reflexión acerca de como a sociedade no momento de comprar un xoguete segue as recomendacións de idade establecidas, pero que iso con outros contidos como películas, series ou videoxogos non se respecta; afirmando de este modo que existen moitos estudos científicos que aseguran que o consumo de este tipo de contidos con violencia afectan negativamente ás conductas de empatía e ao compromiso social e moral dos menores.

Máis aló desta da polémica causada pola serie, a creación de Hwang Dong-hyuk é un fenómenos que cativou tanto á crítica como ao público, chegando a ser na nosa actualidade a serie máis vista de Netflix.



Clara Nieto Cancho 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-10-2021 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0