Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Fundación Princesa de Xirona premia a creación de antibióticos por computador do biotecnólogo César de la Fuente |
|
A relevancia social e industrial do deseño de novos antibióticos por computador foi o principal argumento do xurado que designou ao biotecnólogo galego César de la Fuente Núñez como gañador do premio Fundación Princesa de Xirona de Investigación Científica 2021. Nunha gala celebrada no centro cultural das Cigarreras de Alacante, presidida por Felipe VI, o investigador coruñés foi galardoado por “o seu liderado e a súa excelente traxectoria científica”, así como pola súa “actividade en defensa de grupos socialmente desfavorecidos”.
De la Fuente, que actualmente lidera un equipo centrado no desenvolvemento de antibióticos por computador na Universidade de Pensilvania, está considerado un dos científicos novos máis relevantes da actualidade. A súa investigación, segundo fontes da fundación que concede este premio, céntrase na aplicación da informática para “descubrir clases de antibióticos completamente novos que poidan salvar millóns de vidas”, nun momento no que “desde hai décadas” non se atopou ningún medicamento deste tipo que poida combater con “bacterias cada vez máis resistentes” aos recursos da medicina.
Lucia Rodrigues
1º A BACH |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|