Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alta participación á vacinación en Galicia
O 83,61% das persoas que foron citadas este sábado en grandes recintos polo Sergas acudiu a vacinarse, segundo cifras feitas públicas este domingo pola Consellería de Sanidade.

O plan de vacinación do Sergas contemplaba para este sábado administrar 11.188 doses, das cales 10.938 eran de Pfizer, 150 de Janssen (que se empregan en grandes dependentes e persoas maiores de 80 que non poden desprazarse) e 100 de Moderna. Polo momento, Sanidade só achegou datos relativos ás citacións en grandes recintos, pero tamén se inocularon doses en domicilios, centros de Atención Primaria e hospitais.

En canto aos grandes complexos, a maior porcentaxe de participación rexistrouse no Hospital Clínico de Santiago, onde un total de 709 dos 811 citados recibiron a vacina, o que supón un 87,42%.

Sabela Alonso Crespo
1º A BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2021 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0