Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un día de celebración onde as rosas e os libros se converten en protagonistas
A festa de Sant Jordi é un día que se celebra con moita ilusión e alegría en Cataluña. O 23 de abril, as rúas das cidades e vilas están ateigadas de xente e postos de venda de libros e rosas. Trátase de celebrar a festa do patrón de Cataluña e recordar esta tradición baseada no amor e na cultura.
A lenda de Sant Jordi
A lenda explica que hai moito tempo, en Montblanc (Tarragona), un feroz dragón capaz de envelenar o aire e matar co seu alento aterrorizara aos habitantes da cidade. Os habitantes, asustados e cansos dos seus estragos e fechorías, decidiron acougalo alimentando unha persoa ao día que se elixiría por sorteo. Despois de varios días, a mala sorte caeu na princesa. Cando a princesa saíu da súa casa e dirixiuse cara ao dragón, apareceu de súpeto un cabaleiro chamado Sant Jordi, con armadura brillante e un cabalo branco, para socorrelo. Sant Jordi levantou a espada e furou o dragón, liberando finalmente á princesa e aos cidadáns.Do sangue do dragón xurdiu unha roseira coas rosas máis vermellas que se viron nunca. Sant Jordi, triunfante, arrincou unha rosa e ofreceuna á princesa.


Valentina Segovia
1 BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2021 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0