Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«Agora pide axuda xente á que lle dá vergoña, porque nunca o fixo»
Guadalupe Rodríguez Serrano é a educadora social da Cruz Vermella en Monforte. Desde o seu posto, ocúpase de coordinar a repartición do material do programa FEAD de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas, a repartición dos excedentes de alimentos que organiza todos os anos a Unión Europea. Leva dez anos traballando para a Cruz Vermella e nos últimos nove ha participado na repartición de alimentos a familias con poucos recursos da comarca de Monforte e iso dálle perspectiva para ver como cambiou o perfil dos usuarios.
-¿Cal é a procedencia do material que se reparte?-O 85% é do fondo de axuda europea e o outro 15% complétase con achegas españolas. -¿Como se organiza unha repartición así?-Necesitamos ter un censo de beneficiarios cun mes e medio de antelación. Unha vez temos ese dato facemos o pedido. Cando recibimos o material, partímolo en lotes segundo o tipo de alimento. E despois dividímolo entre o número de usuarios e familias, en función do tamaño de cada grupo de receptores. Se hai solicitudes de última hora tratamos de atendelas coas baixas inesperadas que tamén adoita haber.
-¿A elaboración do censo é cousa da Cruz Vermella?-Si. A xente que o necesita acode a nós, que lles pedimos documentación e valoramos os casos. Temos en conta os ingresos que teñen, as dificultades concretas ás que se enfrontan... hai uns baremos polos que nos guiamos. -¿Pode haber máis demanda que alimentos dispoñibles?-Sempre pasa. Ao ter que mandar a lista de demandantes con antelación, ocorre que despois do envío chégannos familias con problemas que tamén os necesitan. Sempre chega un momento no que hai que facer lista de espera. Ese problema adoita liquidarse porque hai familias que o necesitan cando se apuntan, pero cando chegan os alimentos xa non lles fai falta; ou con baixas de familias que no momento de concretar a entrega resulta que están ilocalizables. Dámosnos/Dámonos unha marxe de quince días facendo unha chamada diaria para dar de baixa a quen non contesta.
CLAUDIA FERNÁNDEZ BLANCO
1ºA BACH Nº4
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2021 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0