Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dous estudantes de Medicina despuntan entre as mellores notas do MIR de España
Un alumno de Psicoloxía álzase co número 1, e unha compañeira o 5 // Tres de Farmacia quedan entre os dez primeiros // Ata 12 horas de estudo, de luns a sábado

O sábado 27 de marzo, ás portas da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, respirábase un ambiente de nervios, xa que preto de medio milleiro de graduados nesta carreira presentábanse ao temido exame MIR. En catro horas xogábanse unha das 7.989 prazas ofertadas en toda España para ser Médico Interno Residente. Desde onte moitos deles xa respiran tranquilos, sobre todo Joaquín Vila García, que quedou no número 2 de España (na listaxe provisional, xa que ata o día 21 os presentados teñen dereito a reclamar os resultados). Tamén figura outro estudante, compañeiro deste mesmo na academia na que estiveron practicamente encerrados desde outubro de 2019, Miguel Rodríguez Iglesias, outro mozo médico que quedou no posto 9.

A eles súmase un posto de honra no ranquin, o número 1 do PIR, o equivalente do de Medicina, pero neste caso de Psicoloxía. Adrián González Suárez aseguraba onte do mesmo xeito que os seus compañeiros, que detrás do éxito do exame están moitas horas de estudo, cunha media de oito a dez ao día, nalgúns casos ata doce, e de luns a sábado, tendo só de descanso o domingo zen, que aproveitaban para desconectar.

O mesmo caso que unha compañeira da Facultade de Psicoloxía, Lea Pereira, que alcanzou o posto 5 no PIR.

Na Facultade de Farmacia os mellores no exame FIR escríbense en feminino: María Puente Iglesias, que conseguiu o posto número seis; séguelle María Alfonsín Lara, no 8, e Andrea Luaces Rodríguez, no 9.

Para a primeira, María, pódese dicir que á segunda vai a vencida, xa que suspendeu o anterior exame do FIR. “Estudei moitísimas horas, pero creo que precisamente iso foi o que fixo que non aprobase: demasiada presión e nervios”. Así, aconsella aos que vaian presentarse que “hai que ver esta proba como o que é, unha oportunidade para alcanzar un soño, pero, sobre todo, é importante desconectar e enfrontarse ao exame sen medo”.

Valeria Labandeira Reimondez
1 BAC A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-04-2021 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0