Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

175 anos da Batalla de Cacheiras: o mito da Galicia liberal
O 23 de abril de 1846, enfrontáronse na parroquia de Cacheiras, no concello de Teo,
dous xeitos de entender a política a mediados do século XIX. Dunha banda estaba o
comandante Miguel Solís, que formara un exército con tropas liberais galegas e
provincialistas. En fronte, o mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que
mandaba tropas regulares españolas, chegado dende Castela e designado polo goberno
para esmagar o levantamento galego. O resultado da refrega foi desastroso para o
improvisado exército liberal, formado mesmo por estudantes recrutados da
Universidade de Santiago.

Moitos dos voluntarios fuxiron a Compostela, para refuxiarse no interior do Mosteiro de
San Martiño Pinario. Finalmente, entregáronse e foron fusilados o 26 de abril. Hoxe
aínda son recordados como ‘Os mártires de Carral‘ e este feito marcou a historia futura
de Galicia en moitos aspectos políticos.

A orixe do conflito foi o
nomeamento do xeneral
Narváez como xefe do
Goberno, sendo raíña Isabel
II. Narváez traizoou a causa
liberal á que supostamente
estaba adscrito e impuxo
unha ditadura cunha
política ultraconservadora
que provocou numerosas
revoltas populares. En
Galicia, o 2 de abril de 1846,
levántase en armas en Lugo
o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, quen disolve a Deputación e proclama
ilexítimo o goberno de Narváez. Sucesivamente, outras cidades galegas van tomando as
armas. O 15 de abril é constituída en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia,
con proclamas a favor dun trato máis xusto para Galicia.
Tropas regulares fieis ao goberno comezan a acosar aos sublevados, que na
universidade compostelá suman moitos voluntarios ás súas forzas. O exército defiitivo
foi o enviado dende Madrid e comandado por José Gutiérrez de la Concha, que penetra
en Galicia o día 14 de abril. Os insurxentes dominaban Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo
e Tui. E acordaron constituir dous corpos de exército: O Exército de Libertazón de

Galicia, dirixido por Solís, que atacaría A Coruña e Ferrol; e o Segundo Exército, que
marcharía sobre Ourense.
Os mártires de Carral foron fusilados tras un xuizo sumarísimo.
Nun xuízo sumarísimo acordouse o fusilamento dos cabecillas da revolta. O coronel
Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi executado. Os outros once oficiais
foron pasados polas armas na Fraga do Rei e enterrados ao día seguinte sen inscrición
ningunha. “Espectáculo horroroso. Triste memoria”, escribiu o párroco no seu libro de
defuntos.

Pero como adoitaba acontecer no convulso século XIX, os inimigos do Estado pasaron en
pouco tempo a ser considerados heroes. Dez anos máis tarde, o novo goberno nomearía
aos doce fusilados ‘beneméritos da Patria‘ e as Cortes concedéronlles a título póstumo a
“Cruz de valor e constancia”. Xa co novo século, en 1904, foi erixido en Carral un
monumento no que aparece o escudo de Galicia e a seguinte inscrición: “Mártires da
liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846″.

Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-04-2021 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0