Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A borrasca Lola deixa Galicia tras descargar mais de 1.100 lóstregos polo país |
|
Este domingo caeron fortes bátegas e treboadas en moitas zonas de Galicia. Caeron chuvieiras intensas toda a fin de semana. E tamén houbo moito aparato electrico durante esta mañá e o día de onte. En Santiago durante a tardiña e a noite do sábado mirar para o ceo permitía admirar todo un espectáculo de luz, cunha claridade inusual.
Só na xornada do sábado caeron en Galicia 1.133 lóstregos e esta madrugada 214. En total, son 1.347 raios na fin de semana. Iluminaron o ceo nas catro provincias, pero a maioría concentráronse nas provincias atlánticas.
Tamén foron as provincias da Coruña e Pontevedra as que rexistraron a maior cantidade de precipitacións, localmente moi fortes e nalgúns casos acompañadas de pedrazo. Este domingo a AEMET mantén activado un aviso amarelo por treboadas en boa parte de Galicia.
Iván Abad Álvarez
1° BACH B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|