Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«Boto de menos a miña infancia, e por iso escríbolles a vostedes, queridos nenos»
Basta algo tan sinxelo, tan analóxico como unha carta en papel, para conectar a dúas xeracións que creceron xogando a cousas tan distintas como o parchís e a Play Station. Desde hai aproximadamente dous meses, un programa de escoita emocional orientado a alumnos de Primaria do CEIP Curros Enríquez derivou nun proxecto de correspondencia de ida e volta con usuarios da residencia de Esgos . Cada curso é «apadriñado» por un ancián, e entre eles hai incluso unha centenaria que segue con corda para longo.

«A historia comezou hai dous meses, por un enlace que tiñamos co colexio. Plantexáronnos se estaríamos interesados e vimos que era unha boa forma para unir ós máis maiores cos máis novos», conta Patricia González, animadora no centro sociosanitario. Antonio Biscaíño, de 88 anos, é un dos residentes que se animou a participar. Fíxoo con timidez, a mesma que emanaba a súa primeira carta aos nenos de quinto de Primaria que, agora, cada mes, agardan a que el lles poña ao día. «Estou ben, pero boto de menos os anos da miña infancia, e é por iso que lles escribo a vostedes, queridos nenos», escribiu.

Noa Varela Varela 2ºB nº16
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-04-2021 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0