Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Concellos do rural facilitan transporte aos seus veciños para ir ás vacinacións masivas
As vacinacións masivas que levan a cabo en Expourense e os hospitais comarcais de Verín e Valdeorras permiten avanzar rápido no proceso de inmunización, pero teñen un inconveniente para os veciños dos concellos máis afastados: o transporte. Non todos os ourensáns (sobre todos os maiores de 70) teñen coche propio ou posibilidades de que un familiar lles leve, situación que lles obriga a usar o transporte público. Pero tamén ten complicacións e gastos. «Cando a vacinación era no Carballiño, a xente amañaba porque hai bus de liña, pero para ir ata Expourense hai que facer enlace e é máis difícil», explica a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres. A outra opción é o taxi. «Son 60 ou 70 euros, e para certas persoas pode ser unha cantidade importante», engade a rexedora. O Concello ofrece un servizo de transporte gratuíto. «Estamos levando todos os días dúas ou tres persoas», di Torres, que asegura que, en todo caso «a xente non abusa».

Tamén ofrece o servizo o Concello da Rúa. Os veciños interesados chaman ao concello e desde aí ponse en contacto con Protección Civil. «Estámolo facendo desde primeiros do mes pasado, e levamos a dúas ou tres persoas por semana; é sobre todo xente maior, de máis de 70 anos», explica David López, voluntario de Protección Civil. Tamén son os voluntarios os que se encargan do servizo en Petín. «Pídeo sobre todo xente maior que non ten medios para ir ata O Barco», di a rexedora, Raquel Bautista. Non é un servizo exclusivo para a vacinación, senón que esta fin de semana tamén está a disposición dos citados ao cribado que se fai no hospital.

Andrea Romero nº15 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-04-2021 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0